RESUME HISTÓRICO DA CASA DE GALICIA

Pola década dos anos trinta do seculo XX existe na cidade de Las Palmas un Centro galego que, por diversas causas, tivo unha corta existencia.


Asamblea multitudinaria celebrada en el Circulo Mercantil de Las Palmas el 18 de marzo de 1951No 1951 fúndase a Casa de Galicia pola iniciativa dun grupo de galegos residentes ou na condición de transeúntes, co anhelo compartido de dispoñer dun acolledor “lar” no que se reunir, “falar galego”, oír a música das gaitas, tratando así de atenuar en algo a morriña conxénita do poblo galego. Desta maneira o 24 de Maio de 1951 celébrase a Asamblea fundacional da Casa de Galicia de Las Palmas, o total de socios fundadores foi de trescentos dez.

Os motivos primordiais que empuxaron a agruparse aos galegos que vivían por aquelas datas na recoleta ciudad de Las Palmas de Gran Canaria quedaron fixadas no preámbulo do primeiro libro de Actas das Asambleas Xenerais dos socios da Casa de Galicia:

Eramos xa tantos os galegos que neste leixano confín atopabanos, que faciase necesario crear un fogar onde poder compartir esa morriña que a todos afectanos sobremanera e nos impoñe o peso desos centos de millas náuticas que se atopan entre as costas destas Illas Canarias e o noroeste español…

Cun asentamiento inicial do Local Social e durante 15 años no Paseo de Las Canteras e despois dalgúns outros aloxamientos provixionais, dende o 15 de Febreiro de 1974, a Casa de Galicia de Las Palmas ten a súa sede no edificio da súa propiedade, co nº 8 da calle de Salvador Cuyas, perpendicular e adyacente á praia de Las Canteras.

Concebida nun principio a Sociedad como un acogedor lar galego, foi sempre a Casa de Galicia de Las Palmas espello fiel e oficioso consulado ou representación de Galicia e dos intereses dos galegos en Canarias.

Nos Estatutos da casa de Galicia de Las Palmas dise que a Sociedad levara tal nombre, polos siguintes motivos:

  1. Por ser lugar de reunión onde os galegos e os seus simpatizantes podan recordar, activar e fomentar os valores de Galicia.
  2. Por ostentar a representación que pola súa traxectoria nesta provincia ten un especial irmanamento entre Canarias e Galicia.

E no artígo 2.- “A Casa de Galicia de Las Palmas ten por objecto enaltecer o recordo vivo de Galicia, a axuda a seus paisanos acrecentar as corrientes de simpatía e compresión entre ambalas Rexiones Españolas mediante actividades sociaies, recreativas, culturaies, benéficas, deportivas”, etc.


No devir destos cincuenta anos que xa convirten á Casa de Galicia de Las Palmas na máis veterana en Canarias das Sociedades destas características, sete foron os presidentes que rexiron os seus destinos:

Ricardo Villares Paz

  • Ignacio Viéitez de Soto.
    Dende a data fundacional ata os derradeiros días de febreiro de 1970.
  • Ramón Mariño Mirazo.
    Dende o 27 de febreiro de 1970 ata o 12 de febreiro de 1971, data na que faleceu de forma repentina.
  • Ramón Fiuza Sánchez.