CONCURSO DE CARROZAS CABALGATA DE REIS 2006 |
BASES: 1. Na Cabalgata de Reis 2006 de Las Palmas de Gran Canaria, edición nº 55, poderán participar todas aquelas carrozas que se axusten ás presentes Bases. 2. Os temas das carrozas que participen no Concurso desta edición da Cabalgata de Reis son LIBRES, pero deberán estar sempre dentro do mundo infantil, cultural, costumbrista e moi especialmente alusivos ás tradicionaies Festas de Nadal e de Reis. Non se admiten temas alusivos ao personaxe de “Papa Noel”, as guerras, as armas e as accións bélicas e/ou violentas en todas as suas formas. 3. Na Cabalgata de Reyes poderán tomar parte todas as persoas, colectivos ou entidades que previamente se inscriban nas oficinas da Casa de Galicia (C/. Salvador Cuyás, 8), en horas de 19.00 a 21.00, ata o día 20 de decembro de 2005. Os que deseen participar con carrozas, deberan confirmalo por escrito, especificando o tema elexido co que desean facelo. Os temas que se repitan dentro desta mesma edición, poderan participar na Cabalgata pero quedarán fora do Concurso. Polo tanto, solo entrará en Concurso o primeiro que confirme a sua participación por escrito. 4. A organización reservase o dereito de admitir ou rechazar as carrozas que a o seu xuicio non reúnan as características e calidade mínimas de Carrozas Artísticas para o digno e maior realce da Cabalgata de Reis. 5. O orden de marcha das carrozas e grupos participantes se decidirá e informará nunha reunión que tendrá lugar na Casa de Galicia o próximo día 29 de Decembro as 20.30 horas. 6. O recorrido oficial da Cabalgata de Reis 2006 será o tradicional: Saida dende a Plaza de Manuel Becerra para continuar por Juan Rejón, Albareda, Parque de Santa Catalina, Presidente Alvear, Alcaravaneras, León y Castillo, Parque de San Telmo, Rafael Cabrera, pra terminar nas inmediaciones do Teatro Pérez Galdós. |